jueves, 21 de febrero de 2008

Dous mundos necesariamente enfrontados: Sicilia versus América


Os primeiros compases da película descobren ó espectador a existencia de dous estilos de vida que conviven en América: anglosaxóns e latinos, ou o que é o mesmo, a forma de vida dos americanos e a dos emigrantes sicilianos (italoamericanos). Estas dúas filosofías de vida conlevan dúas ideoloxías, dúas moralidades e dúas xustizas que a petición de Bonasera revela como en constante enfrontamento.

Segundo Rosario Minna, a Mafia italoamericana xorde na década dos vinte en Norteamérica, a través da unión destas dúas formas de vida, ambas corruptas (isto non escapa á interpretación que deste enfrontamento fai Coppola, como veremos máis adiante): “una moralidad corrompida y corruptora prohibió la venta (pero no el consumo) de alcohol. Todos siguieron bebiendo, y los mafiosos italoamericanos, hasta entonces confinados a ir tirando en los guettos, se pusieron a vender alcohol de una a otra costa americana en todos los estados, haciendo millones de dólares; desde entonces la Mafia italoamericana es um imperio intocable dentro del imperio americano”.

Como parte da comunidade italoamericana, os Corleone e as demais Familias, formaron unha sociedade que vive en secreto e que desprecia a forma de vida dos norteamericanos, como queda patente en dous episodios enmarcados na secuencia da celebración nupcial: Barzini négase a ser fotografiado e Sonny escupe ós axentes do FBI apostados ante a mansión Corleone. E esta comunidade italoamericana ten as súas propias normas, derivadas dos estatutos mafiosos, que obrigan ós membros da Familia a axudarse fronte as agresións externas, a compartir os bens adquiridos e a respetar a lei da omertà. A seguinte normativa, rexedora das actividades da Mafia, enmarca perfectamente a “legalidade” e os códigos de conducta que seguen os Corleone:

“1. La obligación entre los asociados de ayudarse recíprocamente a vengar con la sangre las ofensas recibidas.

2. La obligación de procurar y propugnar la defensa y la liberación del socio caído en manos de la justicia.

3. El derecho de los socios de participar en la distribución, según el prudente arbitrio de los jefes, del producto de los chantajes, de la extorsión, de los robos y de otros delitos perpetrados por la sociedad común.

4. La obligación de conversar el secreto bajo pena de muerte para los contraventores, sujeta a la decisión del órgano competente jurisdiccional de la Mafia” (Rosario Minna).

Como ben se ve os estatutos mafiosos diferencian entre poder gubernativo, xudicial e legislativo, de igual xeito que na “sociedade legal”. A Mafia igualmente conta con soldados e penas que cumplir se non se respetan as súas leis. A única diferencia está no matiz co que tinguen as súas actividades. O guión de Puzo e Coppola reflicte esta particular lei mediante os consellos de Vito Corleone ó seu fillo Michael: “cree en la Familia; cree en un código de honor más antiguo y más fuerte, cree en las raíces que han mantenido a tu raza durante miles de años. Construye una Familia, Michael, y protégela. Éstos son nuestros negocios, sono cosa nostra. Los gobiernos únicamente protegen a los hombres que tienen su propio poder individual. Conviértete en uno de esos hombres… tú tienes la elección”.

Antes de explicar os mecanismos que Coppola utiliza para confrontar ambos mundos e cuestionar cuán legais son un e outro, imos afondar no secretismo que rodea as actividades da Familia e cómo este se expresa na pantalla. Desde a secuencia de Bonasera, o despacho escuro de Don Vito, coas persianas baixadas reforza a sensación de alegalidade, a necesidade de manter silenciadas as actividades que alí se discuten. Mesmo o ton de voz do Padrino, apagado e afónico, unido ó predominio da tonalidade vermella e da penumbra na escea e nos rostros das personaxes, suxiren ese carácter de segredo.

Máis exemplos deste secretismo son a secuencia na que Luca Brasi se prepara para a a entrevista con Sollozzo e Bruno Tattaglia. O espectador alcanza a ver, a través dunha porta entreaberta, cómo Luca Brasi coloca, na habitación do fondo, o chaleco antibalas e maila pistola. A verxa da mansión, permanentemente pechada, excepto na voda, reforza a idea de privacidade, de protección de todo o que ocorre no mundo dos Corleone. Pero será despois da entrevista entre Sollozzo e Don Vito (antes dos preparativos de Brasi) cando o espectador contemple expresamente o carácter segredo que rodea as actividades da Familia fronte ó exterior. Trala reunión, Don Vito reprende ó seu fillo Sonny, ante os demais homes forte da Familia, por deci-lo que pensa diante de Sollozzo, por contradeci-lo ante alguén extraño e alleo ós Corleone. O espectador sabe así que ninguén lle pode levar a contraria ó Padrino en público e moito menos falar das actividades familiares.

A razón deste secretismo, como é lóxico, radica en que as organizacións mafiosas constitúen unha sociedade que funciona de xeito paralelo á sociedade legal, e que basa a súa riqueza en todas aquelas actividades que para esta son punibles: o alcohol, o xogo e a prostitución, e incluso as drogas (a excepción dos Corleone). Coppola cuestiona a conxcunción de ambos mundos a través de dous exemplos ó longo da película: o caso de Bonasera, e os intentos de Kay, a parella de Michael, por entender o mundo dos Corleone.

Coppola chega á conclusión de que é imposible aunar ambos mundos nun só, e se as libertinas costumes yanquis resultan extrañas e dificíles de asimilar para un italoamericano, o mesmo sente un americano ante o escuro e tradicional estilo de vida siciliano. Pero curiosamente, pese á imposibilidade de unión destes dous mundos, ambos necesítanse mutuamente. Don Corleone precisa das influencias políticas e legais, insertas no sistema americano, para dar cobertura e protección ás súas actividades ilexítimas, e o corrupto poder americano intégrase nos negocios sicilianos para conseguir máis diñeiro (véxase o capitán McCluskey, que se converterá no gardaespaldas de Sollozzo).

A través da secuencia de Bonasera, Coppola fai reflexionar ó espectador desde o inicio da cinta sobre os métodos dunha e doutra forma de vida. Que os agresores da filla do funerario saian libres cuestiona a eficacia do sistema xudicial americano, pero ó mesmo tempo, que o honor de Bonasera sexa reposto coa sangue dos malfeitores cuestiona o estilo mafioso. O cineasta ofrece os vicios e virtudes de ambas formas de vida, e neste caso, vemos dúas formas de aplicar a lei.

Norteamérica, que aglutina razas e culturas, non castiga os delitos contra o honor. Xa que logo, Bonasera, convertido nun bo americano, non obtén reparación legal, o seu honor queda mancillado. Vemos pois cómo a adaptación dos emigrantes italianos a América non pode facerse pola vía do mimetismo legal. A comunidade italoamericana, para sobrevivir no novo mundo, crea a súa propia xustiza, a de Sicilia, allea á oficial. América promete diñeiro, pero non xustiza, e moito menos, vinganza. Establécese así unha sociedade paralela na que o que prima é o honor dos seus membros, e na que os métodos usados difiren dos do sistema xudicial. E Don Corleone é presentado coma o encargado de velar por ese valores tradicionais que se atopan na base da sociedade italoamericana e que a xustiza americana olvidou.

Nesta sociedade paralela da que falamos, non hai feitos que probar. A xustiza, que é proporcionada pola Mafia, básase na palabra, na confianza e no respeto, elementos insuficientes para os americanos. É por iso que os inmigrantes sicilianos viven á marxe das leis e costumes do país no que están, mantendo vivos os valores dos seus antepasados: o honor inmaculado, as tradicións e costumes éticas. Doutra banda, os hábitos americanos serán vistos como negativos e estranos. Pese a todo, Coppola, que realiza un fiel reflexo destas ideas no seu filme, considera que “tanto América como la Mafia se ven como organizaciones beneméritas. Ambas tienen la manos teñidas de sangre (…) para proteger sus intereses y su poder. Ambas son fenómenos totalmente capitalistas que tienen básicamente una finalidad lucrativa”.

Coppola ve todo poder como corrupto, algo que amosa en tódalas películas da saga. Na primeira vemos a corrupción na Mafia e tamén nas institucións americanas (policías, políticos, xuíces). Na segunda as atacadas son as grandes multinacionais, que apoian réximes políticos contrarios ós principios da democracia. Por último, El Padrino, parte III plantexa a corrupción na Igrexa a través dos seus membros (o arcebispo Gilday pide axuda a Michael Corleone).

Esta consideración de todo poder, sexa político, económico ou ideolóxico, como fonte de corrupción e dexeneración moral, presenta como diferencia que o poder mafioso é asumido como natural e inevitable, mentres que o da política e demais sectores da sociedade norteamericana básase na invisibilidade. Aí é onde Coppola amosa perfectamente a confrontación entre os dous mundos, apoiándose na personaxe de Kay. Na secuencia da voda, Michael Corleone exprésalle a esta o seu sentir acerca da corrupción da vida política nos EEUU. A personaxe de Kay é utilizada por Coppola como símbolo da América blanca e anglosaxona. Esta parte da población caracterízase por “non querer ver” a corrucpción dos seus dirixentes.

E neste sentido, Kay é unha personaxe cega que manifesta os seus desexos de “querer ver”, pero que en realidade prefire manterse segura no mundo da mentira, das apariencias. Estas alusións pronunciadas pola moza levan implícita unha crítica á política norteamericana, que amosa ós cidadáns a cara da honesta da democracia, ocultando o que ten de deshonesta. É unha sociedade que parece que é honrada pero non o é. De aí que Kay prefira non ver. Sabe da corrupción pero non quere recoñece-la como parte do seu mundo, só a recoñece na Familia de Michael, na Mafia. Ponse en duda así o “soño americano”.

O caso de Bonasera comeza a poñer en duda xa este estilo de vida, cando o funerario expón cómo crer no sistema americano non lle reportou a xustiza necesaria para lavar o honor da súa filla. A simple vista vemos a Bonasera como un italiano que quixo renegar da súa cultura e dos seus costumes e adoptar os de América: educa a súa filla como unha norteamericana, olvida as demostracións de cortesía cara ó Padrino e desprecia a súa capacidade deste para impartir xustiza. Pero logo vemos cómo o funerario se arrepinte de algo máis. En realidade Bonasera non confesa a deshonra sufrida pola súa filla, senón o seu propio pecado, o de crer nos valores dunha sociedade estrana, o de ter olvidado as súas raíces sicilianas para intentar converterse nun perfecto norteamericano. Tamén o de acudir ó seu Don só cando o sistema americano lle foi inútil.

Deste xeito, a través das dúas personaxes, Coppola plantexa unha das temáticas máis importantes de El Padrino, a imposibilidade de aunar dous mundos permanentemente enfrontados. E faino a través de dous exemplos perfectos: Bonasera, que deberá pedir perdón e humillarse ante Don Corleone tras comprobar que a xustiza americana non castiga os delitos contra o honor; e Kay, que abandonará a casa familiar (na segunda parte, aínda que xa se atisba na primeira), incapaz de asimilar os costumes dos Corleone. Ou estáse dun lado ou doutro, pero nunca nos dous a un tempo. Bonasera intentou integrarse nos costumes americanos e ser fiel a cuestións sicilianas coma o honor, pero fracasou, mentres que Kay quixo ser fiel ó american way of life e integrarse na Familia Corleone, fracasando de igual xeito.

lunes, 18 de febrero de 2008

O valor da palabra, a amizade e o honor


O concepto de honor, entendido á maneira siciliana, fai que a sangue permaneza limpa e que, a pesares de estar manchado por asasinatos, o apelido da Familia permaneza inmaculado. E os encargados de velar polo honor da Familia non son só os dirixentes da mesma, senón todos e cada un dos seus membros. O termo honorabilidade lévase á práctica a través do trato respetuoso cara ós superiores. E posto que este respeto é a forma de relación básica co Padrino, a deshonra do nome da Familia é a maior ofensa que se lle pode facer, pois conleva a falta de respeto e de credibilidade dos seus membros.

Ser un uomo d’onore implica o deber de exercer o poder e demostrar que se pertence a un sistema social que está á marxe das leis que rexen o comportamento do resto dos mortais. Como explica Rosario Minna, “los mafiosos no actúan en los procesos (judiciales) simplemente para demostrar una superioridad de maniobra; buscan la absolución para que el resto de la ciudadanía sepa que ni siquiera la fuerza de la ley puede nada contra la fuerza de la Mafia”. Este poder, esta inmunidade é a que busca Sollozzo cando fai a oferta do negocio dos narcóticos a Don Corleone.

O Padrino conta cunha rede de influencias políticas e legais que encubre as actividades ilícitas da Familia. Pero unha cousa é ter unha posición dominante e outra é abusar dela para fins innobles coma o negocio das drogas. Así llo fai ver Don Corleone a Sollozzo cando se nega a darlle cobertura política e legal para o tráfico de narcóticos. Dille que si acepta perderá as súas influencias, as súas amizades. A súa credibilidade quedará dañada, e iso para Don Corleone é demasiado. El sí é un uomo d’onore e quere seguir séndoo.

Outro episodio no que o espectador aprecia a importancia que para Don Corleone teñen os conceptos de honor e de amizade é a petición de Bonasera na primeira secuencia da película. O funerario pide a morte dos violadores da súa filla como vinganza, como defensa do honor familiar. E faino unha vez que a xustiza americana absolveu ós agresores. Acode a Don Corleone como último recurso, olvidando o lazo de amizade que o une ó xefe mafioso. E o peor de todo, pídelle que mate por diñeiro. Don Corleone, Sonny e Tom Hagen, tamén presentes durante a conversa, e toda a Familia por engadido, acaban de ser ofendidas na súa honra. Ante tal insulto, Don Corleone exprésase en toda a súa magnificiencia. Así recolle o guión de Puzo e Coppola este momento, o primeiro do film no que o espectador percibe o valor da amizade e do honor ó estilo siciliano:

“DON CORLEONE

¿Qué deseas Bonasera?

BONASERA susurra al oído del DON.

DON CORLEONE

No. Pides demasiado.

BONASERA

Pido justicia.

DON CORLEONE

El juez te dio justicia.

BONASERA

¡Ojo por ojo!

DON CORLEONE

Pero tu hija vive aún.

BONASERA

Entonces quiero que sufran como ella. ¿Qué tengo que pagar?

HAGEN y SONNY reaccionan a la vez.

DON CORLEONE

Nunca te crees protegido con amigos verdaderos. Pensabas que bastaba con ser un buen americano. Muy bien, la policía te protegía, tenías cortes de justicia, así que no necesitabas un amigo como yo. Pero ahora vienes a mi casa y dices: “Don Corleone, debe hacerme justicia”. Y pides sin respeto. Ni siquiera me llamas Padrino. En lugar de eso, vienes a mi casa el día de la boda de mi hija para pedirme que mate… por dinero.

BONASERA

América me hizo bien…

DON CORLEONE

Entonces acepta la justicia del juez. A las duras y a las maduras, Bonasera. Pero si alguien viene a mí con su amistad y lealtad, entonces sus enemigos se convierten en mis enemigos y entonces, créeme, a ése le temen…

Lentamente, Bonasera baja la cabeza y murmura.

BONASERA

Sea mi amigo.

DON CORLEONE

Bien. Obtendrás la justicia de mí.

BONASERA

Padrino.

DON CORLEONE

Algún día, y puede que ese día no llegue nunca, te llamaré para que me prestes a cambio algún servicio.”

A través desta conversación, o espectador recibe tódalas señais para coñecer o funcionamento e os códigos que rexen á Familia, e tamén observa o poder de persuasión de Don Corleone, que é presentado coma un xefe poderoso e implacable que á vez aparenta ser honrado. Séntese ofendido porque lle piden que mate a cambio de diñeiro, pero acepta tal propósito cando Bonasera o respeta, inclinándose ante él, pedíndolle que sexa o seu amigo e chamándolle Padrino. O espectador sabe que matar por diñeiro é unha grave ofensa para o Don a través da reacción de Sonny e Hagen, que se miran cunha expresión seria agardando a resposta indignada do Padrino. A frase “si alguien viene a mí con su amistad y lealtad, entonces sus enemigos se convierten en mis enemigos” resume con precisión o valor que estos conceptos teñen dentro da Familia.